A Calidade no CPI Atios

martes, mayo 30, 2006

Auditoría no CEIP de Lourido, POIO

O pasado día 26 de maio estivemos no centro de Poio para axudar e aprender dendo outro punto de vista diferente o proceso de auditorías internas.

Esta vez nos ( Directora e Responsable de Calidade) faciamos de auditores internos nun centro que non era o noso.

A reunión foi calificada de moi proveitosa tanto para nos como para o centro auditado pois superou a auditoría de forma máis que satisfactoria.

Esta reunión tamén tiña algo de entrañable para todos nos pois despedíamosnos dos nosos titores, Gerardo e Vicente (IES Daviña Rei) que ata o de agora habáinos tutelado con esmero e adicación.

Unha apertra para todos en especial para vos, Gerardo e Vicente; pois nas vosas mans puxemos o noso traballo, e cas vosas mans fixestedes que este vira a luz...


Hasta cando vos queirades !!!

lunes, mayo 01, 2006

Comezamos a pasar as enquisas de satisfacción

Este curso coma novidade, establecemos o uso das enquisas electrónicas dende a páxina web.

Esto fará que non perdamos tempo ca laboriosa tarefa de reconto dos datos. A ferramenta integrada no x.dat permite obter os resultados en graficas de forma totalmente automatizada.

A enquisa de alumnado se realizará na sala de informática por donde irán pasando o alumnado dende 5º de educación Primaria, ata 4º de ESO.

As enquisas as familias e o persoal docente, faremola en papel e os datos serán introducidos no ordenador.

Aproveitando o alumnado de PDC introduciremos na base de datos de históricos os datos de satisfacción do curso 2004-2005.