A Calidade no CPI Atios

jueves, septiembre 21, 2006

Segunda reunión do grupo de mellora, modificación da caracteristica de calidade das presentacións das asignaturas

O pasado día 20 de setembro o grupo de mellora reuniuse para acadar o consenso de baixar a caracteristica de calidade da entrega do MD75010404 presentación da asignatura en xefatura de estudos na primeira semanas do curso.

Como punto de partida se observó que este dato de lugar a una non conformidade no curso 2005-2006 que se detectó na revisión do sistema 2005-2006.

Tendo en conta que, no noso centro conviven os tres primeiros tipos de educación (infantil, primaria e secundaria) e o profesorado aínda está un tanto desconcertado no canto que cousas debe de facer en cada periodo temporal do curso. O principio de curso a primeira labor é redactar a programación, entón baixaremos a característica de calidade para adecuala o ritmo de traballo do noso profesorado e posteriormente xa a iremos subindo.

Desta maneira revisará o RC o documento PR750104 da revisión 1 a revision 2 e tamén modificará polo tanto o PRINDICE

martes, septiembre 19, 2006

Benvidos o curso 2006-2007

Neste curso temos a verdadeira intención de acadar a certificación de AENOR ISO 9000.

Aínda estamos a día 17 de setembro e non temos noticias de como imos facer para poder contactar con AENOR e poder facer a visita previa.

Este curso comenza dentro dun par de días, e os traballos realizados os cursos anteriores sobre os cadernos están a dar os seus primeiros resultados.

O persoal docente xa ten dada de alta a súa conta en intenet e pode descargar; os datos, e as fichas para o principio de curso.

martes, septiembre 12, 2006

Primeira reunión do grupo de mellora no curso 2006-2007, actualización dos documentos do Caderno do Profesorado e Titoría

Despois dunha intensa reunión entre os membros do grupo de mellora e profesorado de todos os niveis, temos elaborados e codificados os documentos que estarán a disposición do profesorado dende a páxina web de forma libre ( versión PDF) e de forma segura e co seu contrasinal ( versión DOC)

Estes documentos pertencen o Caderno do Profesorado e o Caderno da Titoría.

  • MD75010406 -1,2,3,4,5,6,7...
  • MD75010409 -1,2,3,4,5,6,7...

Nesta reunión mantida o día 10 de setembro, repasaronse as formas e maneiras de cubrir os diferentes apartados dos documentos e aportaronse ideas para o deseño de novos apartados que resultarán utiles o longo do curso.

viernes, septiembre 01, 2006

Xa temos a guía para profesorado de nova incorporación.

Esta guía codoficada como MD620202-rev-0 entregaráse o persoal do centro no primeiro claustro deste curso.

Ademais e seguindo a dinámica de principio de curso é importante destacar que as programacións ten que estar presentadas en xefatura de estudos antes do día 20 de outubro.

Para iso está activo un enlace dende a páxina onde descargar o modelo de programación de cada un dos departamentos ou ciclos, e tamén pode ser entregada por internet antes da data suliñada.