A Calidade no CPI Atios

jueves, marzo 15, 2007

Xa pasamos a Visita Previa

Os pasados días 13 e 14 de marzo o centro pasou a visita previa de AENOR e xa temos datas para a Auditoría do centro , que será os días 9 e 10 de maio de 2007.

Ainda nerviosos pola visita, e despois da agradable sensación que deixou a auditora de Aenor, o noso ánimo está polas nubes, pois os resultados expresados no informe e nas propias declaracións da auditora son del todo positivas para conseguir a certificación.

Animadevos a superar este proceso que suporá unha credencial que fará que o noso centro esté considerado entre as empresas galegas máis cualificadas no canto a calidade do seu traballo.

jueves, marzo 01, 2007

Atención os departamentos ou ciclos con profesorado no mesmo curso

Segundo procedemento PR7601 homoxeneización de criterios e calibración, e para dar cumprimento a norma ISO 9000, o profesorado que imparta clases dentro do mesmo nivel educativo, e no mesmo curso e na mesma asignatura pero en grupos de aula diferentes debería calibrarse.

¿Qué significa calibrarse?

Pois ben, baixo esté nome, definese a certeza de cumprimento dun criterio ou criterios que quedan expostos nos criterios de avaliación presentados en Xefatura de estudos o principio de curso para cada un dos departamentos didácticos da ESO ou cada un dos ciclos de Educación infantil e primaria polo profesorado que imparte clases no mesmo nivel pero en diferentes grupos.

Para levar a cabo a calibración celebrarase unha reunión do profesorado que desexa calibrarse co seu coordinador de ciclo ou xefe de departamento, na que se elaborará a acta de calibración do profesorado MD760102.

A calibración poderá ser cuantittativa ( o normal nos departamentos da ESO, que avalian numéricamente) ou cualitativa ( o usual nos ciclos de educación infantil e primaria), aínda que existe a posibilidade de que cada quen a faga como mellor lle pareza, sempre seguindo os seus criterios de avaliación.

Para non ter dubidas de como ten que realizarse as calibracións existe un Método explicativo do proceso a seguir, ME760101.

Lembrade que o profesorado que se calibre nun curso non terá que volver a facelo outra vez cos mesmos compañeiros ata despois de tres anos.