A Calidade no CPI Atios

lunes, noviembre 30, 2009

REUNIÓN DE TITORES


REUNIÓN TITORES INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA
Cónvocase a todos os titores do centro a unha reunión que terá lugar o mércores, día 02 de decembro na sala de calidade no seguinte horario:
Titores de Infantil e Primaria: 12:15 h e Titores de Secundaria: 13:15h
Os asuntos a tratar serán os seguintes
Actas de avaliación
Claves de apoio e criterios de conformidade
MD75010401 Recollida de datos para a avaliación

martes, noviembre 24, 2009

SESIÓNS CALIBRACIÓN


A semana do 16 ao 20 de novembro tiveron lugar as sesións de calibración por parte do profesorado de nova incorporación que non estaba calibrado. A pesar de que o procedemento de calibración é algo tedioso todos/as realizaron con rigor e profesionalidade, a continuación se cumplimentou por parte dos coordinadores de ciclo o informe de calibración para cada un dos cursos. Garzas a todos pola vosa implicación e colaboración.

miércoles, noviembre 18, 2009

CALIBRACIÓN DO PROFESORADO


Segundo o procedemento PR7601 homoxeneización de criterios e calibración, e para dar cumprimento a norma ISO 9000, o profesorado que imparta clases dentro do mesmo nivel educativo, e no mesmo curso e na mesma asignatura pero en grupos de aula diferentes debería calibrarse.
¿Qué significa calibrarse?Pois ben, baixo este nome, definese a certeza de cumprimento dun criterio ou criterios que quedan expostos nos criterios de avaliación presentados en Xefatura de estudos o principio de curso para cada un dos departamentos didácticos da ESO ou cada un dos ciclos de Educación infantil e primaria polo profesorado que imparte clases no mesmo nivel pero en diferentes grupos.
Para levar a cabo a calibración celebrarase unha reunión do profesorado que desexa calibrarse co seu coordinador de ciclo ou xefe de departamento, na que se elaborará a acta de calibración do profesorado MD760102.A calibración poderá ser cuantitativa ou cualitativa, aínda que existe a posibilidade de que cada quen a faga como mellor lle pareza, sempre seguindo os seus criterios de avaliación.
Para non ter dúbidas de como ten que realizarse as calibracións existe un Método explicativo do proceso a seguir, ME760101.
Lembrade que o profesorado que se calibre nun curso non terá que volver a facelo outra vez cos mesmos compañeiros ata despois de tres anos.

martes, noviembre 17, 2009

ACCIÓN FORMATIVA



Curso Introdución ao modelo EFQM de excelencia.
Os vindeiros días 19 e 20 de novembro, terá lugar no hotel Hesperia Peregrino de Santiago de Compostela, unhas xornadas de formación para a Xestión da Calidade, dirixidas a Directores e responsables de Calidade dos centros certificados.

En estes dous días vaise a realizar unha actividade denominada: Introducción ao Modelo EFQM de Excelencia, que ten como obxectivo coñecer os mecanismos de autoavaliación e os beneficios do modelo EFQM de excelencia. O segundo día pola tarde vanse a constituír grupos de traballo para a mellora dos procedementos de Xestión da Calidade no ámbito dos centros educativos.

É moi importante a asistencia o día 20 pola tarde, polo que si non podedes asistir o curso pregamos o fagades a constitución dos grupos de traballo.

Para a comunicación da asistencia empregade o modelo adxunto respectando os formatos.

jueves, noviembre 12, 2009

XUNTA DE DELEGADOS


O día 11 de novembro reúnense os delegados e subdelegados dos cursos de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO do CPI de Atios coa seguinte orde do día:
- Formación e constitución da xunta de delegados.
- Funcións da xunta de delegados.
- Elección do presidente da xunta de delegados.
- Información das funcións dos representantes no consello escolar

jueves, noviembre 05, 2009

SQR



SUXESTIÓNS, QUEIXAS E RECLAMACIÓNS. SQR.
Lémbrase a toda a comunidade educativa, tanto alumnos como familias como persoal docente e non docente, a posibilidade de aportar suxestións, realizar queixas ou formular reclamacións a través do modelo MD820201. Estes modelos están a disposición de todos/as en conserxería e en secretaría. Estes modelos poden deixarse nos buzóns colocados para ese fin en secretaría ou en conserxería.

martes, noviembre 03, 2009




2ª REUNIÓN GRUPO DE MELLORA 09-10
Hoxe martes día 3 de novembro está convocada a 2ª reunión do grupo de mellora do curso 2009-2010 na sala de calidade no seguinte horario
-Infantil e Primaria: 12:15 h
-Secundaria: 13:15 h
Pódese asistir a calqueira das dúas horas se o profesorado ten libre esa hora.Os asuntos a tratar son os seguintes:
-Plan de mellora do curso 09-10
- Procedementos a revisar durante o curso
-Formación do grupo de mellora do curso 09-10