A Calidade no CPI Atios

jueves, febrero 16, 2012

REUNION DE DELEGADOS

3ª REUNIÓN XUNTA DE DELEGADOS
O día 15 de febreiro reúnense os delegados de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO do CPI de Atios coa seguinte orde do día:
- Problemas do alumnado

- Suxerencias, queixas e reclamacións

- Posibles melloras nas insatalacións do centro

Durante a reunión abordaronse os posibles problemas nos grupos e volveuse a lembrar a existencia das SQR (suxerencias, queixas e reclamacións).



viernes, febrero 03, 2012

2ª REUNIÓN COMISIÓN AUTOPROTECCIÓN

REUNIÓN COMISIÓN AUTOPROTECCIÓN 31-01-12
Nesta 2ª reunión fíxose un seguemento do Plan de Formación e queriamos fixar as datas do simulacro.

Asemade estudamos as mellores opcións para as charlas de Protección Civil estando todos de acordo en que foran eminentemente prácticas.

As datas quedaron sen decidir posto que só había 4 dos 8 membros da comisión e queda pendente para a vindeira reunión.







jueves, febrero 02, 2012

FORMACIÓN

FORMACIÓN
Durante os meses de xaneiro e febreiro estanse a desenrolar dúas das actividades de formación previstas no DC6201. Plan de formación. A utilización das bases de datos da páxina web e a utilización da aula de informática asi como os grupoas de traballo sobre blogues e as aplicacións e programas que están instalados.